Events:

6 May 2026 | 9:00 – 14:00
European Coworking Day
Type: Onsite event
Online Event Link
Cost: Free event
No registration necessary
O mércores, 6 de maio de 2026, celébrase a cuarta edición do Día Europeo do Coworking en diferentes espazos de toda Europa. Este evento anual pon en valor o coworking, a colaboración e a comunidade, animando aos espazos a abrir as súas portas a profesionais, persoas autónomas e traballadoras en remoto para que coñezan de primeira man os espazos de traballo locais.
Con motivo desta xornada, o Coworking Miño organiza unha xornada de portas abertas e networking, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en descubrir novas formas de traballo colaborativo.
As persoas asistentes poderán:
✔ Coñecer as instalacións e servizos do espazo.
✔ Experimentar o ambiente de traballo compartido.
✔ Conectar con outras persoas profesionais, emprendedoras e traballadoras en remoto.
✔ Participar en dinámicas de networking para crear sinerxías e novas oportunidades.
Unha ocasión perfecta para descubrir o coworking, ampliar a rede de contactos e formar parte dunha comunidade activa e innovadora.
